Convocatoria dunha praza de Axudante de Arquivo e Biblioteca no Concello de Ferrol
O Concello de Ferrol convoca un proceso selectivo, mediante o sistema de oposición por quenda libre, para cubrir unha praza de Axudante de Arquivo e Biblioteca (Grupo A2), pertencente á escala de Administración Especial.
Requisitos e persoas beneficiarias:
-
Estar en posesión ou en condicións de obter o título de Diplomatura, Grao ou equivalente nunha titulación da rama de Artes e Humanidades ou da rama de Ciencias Sociais e Xurídicas.
-
Acreditar o nivel de coñecemento de lingua galega CELGA 4 ou equivalente (ou superar a proba correspondente).
-
Cumprir os requisitos xerais de acceso á función pública.
-
Aboar a taxa por dereitos de exame (40,33 €), agás persoas demandantes de emprego de xeito ininterrompido durante, polo menos, os 6 meses anteriores.
Prazo de presentación:
20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE).
Solicitudes:
A presentación realizarase preferentemente por vía electrónica a través da Sede Electrónica do Concello de Ferrol. Tamén poderán presentarse polos restantes medios recollidos na Lei 39/2015.
Máis información:
-
BOP da Coruña (Publicación 10 decembro 2025)
-
Web do Concello de Ferrol




Comments