I Concurso de decoración de Nadal de centros sociais de Ortigueira
O Concello de Ortigueira convoca este certame para fomentar a participación veciñal e embelecer os centros sociais das parroquias con motivos propios das festas de Nadal.
Requisitos e participantes:
-
Poden participar os centros sociais do termo municipal de Ortigueira.
-
Debe decorarse polo menos un espazo interior de usos múltiples, valorándose tamén a decoración exterior (balcóns, fachadas, xardíns) e a iluminación.
-
A temática será o Nadal e os seus motivos tradicionais, con liberdade de técnica e estilo.
-
A decoración deberá manterse exposta ata o 6 de xaneiro de 2026.
-
Para que se celebre o concurso deberán participar un mínimo de 5 centros.
Prazo de presentación:
O prazo remata o 12 de decembro de 2025.
Solicitudes e Premios:
-
As asociacións interesadas deberán presentar o Anexo I no rexistro do Concello de Ortigueira.
-
Premios: 1º (300 €), 2º (200 €) e 3º (100 €).
-
O fallo do xurado farase público o 23 de decembro de 2025.
Máis información:
-
BOP da Coruña (Publicación 10 decembro 2025)
-
Teléfono: 981 42 20 89
-
Sede electrónica do Concello de Ortigueira




Comments