Concurso de decoración de Nadal en Frades
O Concello de Frades convoca un concurso de decoración de Nadal para vivendas e negocios co obxectivo de promover o ambiente festivo mediante a ornamentación de fachadas, balcóns e xardíns.
Requisitos
-
Ser maior de idade e estar empadroado/a no Concello de Frades.
-
Ser propietario/a ou arrendatario/a de vivenda ou negocio (rural ou urbano).
-
Estar ao corrente das obrigas tributarias e non ter débedas por reintegros de subvencións.
-
A decoración debe ser visible desde a vía pública, sen empregar elementos pirotécnicos ou perigosos, nin conter publicidade.
Prazos
-
O prazo de inscrición está aberto ata o 31 de decembro de 2025 (inclusive).
Solicitudes
-
Presentar a solicitude xeral a través da Sede Electrónica ou presencialmente no Rexistro Municipal.
-
É obrigatorio enviar 4 fotografías e/ou un vídeo da decoración ao correo biblioteca.municipal@frades.gal antes do 31 de decembro.
Máis información
-
Web municipal: www.frades.gal




Comments