Certame de Comparsas de Entroido 2026 no Concello de Baiona
A Consellería de Festexos de Baiona convoca o seu tradicional concurso de comparsas para o Entroido 2026, dotado con premios e axudas á participación para dinamizar o desfile polas rúas da vila.
Requisitos:
-
Composición: As comparsas deben ter un mínimo de 12 persoas.
-
Participación obrigatoria: É requisito indispensable participar no desfile do sábado 7 de febreiro de 2026 (17:00 h) e no Enterro da Sardiña (mínimo 10 compoñentes neste último acto).
-
Límites: Admitiranse un máximo de 20 comparsas por orde de Rexistro, con prioridade para as do municipio de Baiona.
-
Documentación: É obrigatorio presentar seguro de Responsabilidade Civil, documentación dos vehículos (ITV, seguro, ficha técnica) e certificados de estar ao corrente coas obrigas tributarias.
Premios e Axudas:
-
Premios: 1º (900 €), 2º (650 €), 3º (500 €), 4º (400 €) e 5º (300 €).
-
Axudas á participación: Contías variables entre 100 € e 300 € segundo o número de compoñentes para as comparsas non premiadas.
Prazos:
-
O prazo de inscrición estará aberto desde o día seguinte á publicación no BOPPO ata o 2 de febreiro de 2026.
Solicitudes:
-
Persoas xurídicas e asociacións: Obrigatoriamente a través da Sede Electrónica do Concello de Baiona.
-
Persoas físicas: Poden presentar a solicitude electronicamente ou de forma presencial no Rexistro do Concello (de luns a venres, de 09:00 a 14:00 h).
-
Deben achegar o modelo de solicitude, copias de DNI/CIF, certificado bancario e a documentación técnica e de seguros requirida.
Máis información:
-
Sede Electrónica: Concello de Baiona




Comments