Correspondentes Xuvenís IES Castro Alobre
Como cada ano, o Equipo de Correspondentes foi o encargado de dar as badaladas xunto a toda a comunidade educativa. No discurso previo puxemos en valor a diversidade cultural como unha auténtica plusvalía do centro, viaxamos polo mundo da man dunha canción de Shakira, imaxinamos unha xuntanza de alumnado no 2045 e tomamos as uvas desexando un 2026 máis respectuoso e máis humano. 💫
Grazas por facelo posible a Atenea, Antía, Sofía, Sabela, Alba, Daniela, Thais, Ander, Lisandro, Samira, Remaissa, Mbay e Iván. Sen vós, non sería posible!




Comments