Xove convoca os Premios do Concurso de Elaboración de Caretas de Entroido 2026 para escolares
O Concello de Xove vén de aprobar a convocatoria dos Premios do Concurso de Elaboración de Caretas de Entroido 2026, unha iniciativa dirixida ao alumnado do municipio co obxectivo de fomentar a creatividade e a participación da mocidade nas actividades do Entroido.
Persoas destinatarias
-
Nenos/as e rapaces/as empadroados/as no Concello de Xove.
-
En idade escolar: desde 4º de Educación Infantil ata 4º de ESO.
Obxecto do concurso
-
Incentivar a participación da poboación escolar na programación do Entroido 2026.
-
Promover a creatividade e as tradicións populares a través da elaboración de caretas.
Categorías
-
4º, 5º e 6º de Educación Infantil.
-
1º e 2º de Educación Primaria.
-
3º e 4º de Educación Primaria.
-
5º e 6º de Educación Primaria.
-
De 1º a 4º de ESO.
Premios
-
En cada categoría concederanse:
-
1º premio
-
2º premio
-
3º premio
-
-
Os premios consistirán en lotes de libros ou material escolar, valorados en 30 euros.
-
O xurado poderá declarar deserto calquera dos premios.
-
Os premios non están suxeitos a retención fiscal.
Inscrición e presentación
-
Documentación:
-
Ficha de inscrición establecida ao efecto.
-
-
Lugar de entrega:
-
Biblioteca Municipal de Xove.
-
-
Prazo límite:
-
14 de febreiro de 2026.
-
-
A ficha deberá presentarse xunto coa careta participante.
Información da convocatoria
-
BDNS (Identificador): 881625.
-
As bases reguladoras atópanse publicadas no BOP e na sede electrónica municipal.




Comments