II certame "Nova Nicra" de música en galego para artista novos
A Asociación Cultural Gazafellos do Val convoca unha nova edición do certame musical Nova Nícra 2025-2026, dirixido a bandas e solistas novos co obxectivo de promover a creación musical en lingua galega.
Persoas destinatarias
-
Bandas ou solistas de ata 22 anos, cumpridos na data de peche da inscrición.
-
Admítense bandas con algún integrante maior desa idade, sempre que non sexa a voz principal.
Características das cancións
-
Unha soa canción por participante.
-
A obra deberá estar escrita en galego.
-
Composición propia ou musicalización dun poema galego.
-
Canción inédita e non premiada previamente noutro certame.
-
Quedarán excluídas as cancións con contidos xenófobos ou discriminatorios.
Proceso de selección
-
Na primeira fase, as persoas participantes deberán enviar:
-
Ficha de inscrición cuberta.
-
Copia do DNI de todas as persoas integrantes.
-
Maqueta en audio ou vídeo da canción.
-
-
A documentación deberá remitirse antes do 20 de marzo de 2026 ao correo electrónico: gazafellosdoval@gmail.com.
-
As persoas menores de idade deberán achegar autorización asinada polo seu titor ou titora.
-
O xurado seleccionará un máximo de cinco bandas ou solistas para a final.
Final en directo
-
Celebrarase o 11 de abril en Negreira.
-
As formacións finalistas interpretarán a canción ao vivo.
-
Poderán empregarse ritmos pregravados e loopers, sempre que a voz principal sexa en directo.
-
A organización facilitará o equipo de son e persoal técnico.
Premios
-
1º Premio: gravación dun tema nun estudo profesional + gravación dun videoclip en Negreira.
-
2º Premio: gravación dun tema nun estudo profesional.
-
3º Premio: 150 euros en metálico.




Comments