No marco do programa “A Xuventude no mundo” ao abeiro das relacións bilaterais que a Xunta de Galicia mantén con entidades doutros países, a Dirección Xeral de Xuventude, da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude convoca un intercambio xuvenil á Prefectura de Wakayama (Xapón):
País | Entidade de acollida | Nº prazas | Datas de realización |
XAPÓN(Wakayama) | Prefectura de Wakayama | 15 | 1-6 setembro 2024 |
Obxectivos: facilitar o coñecemento doutras realidades socioculturais e lingüísticas para a comprensión da diversidade cultural e favorecer e potenciar a adquisición de habilidades e competencias non formais que faciliten o desenvolvemento persoal dos mozos e mozas.
Destinatarios: mozos e mozas galegos residentes en Galicia con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos de idade no momento de realizarse o intercambio.
Non poderán participar no intercambio sinalado os mozos e mozas que participaran noutro intercambio ao mesmo país no marco do programa “A Xuventude no mundo” nas últimas tres edicións realizadas (2018, 2019 e 2023).
Prazo de inscrición: do 28 ao 31 de maio de 2024, ou ata esgotar as prazas. O formulario estará dispoñible desde as 10 horas do 28 de maio.
Inscrición: mediante envío de formulario electrónico dentro do prazo establecido.
Os erros nos datos facilitados na solicitude de participación ou a omisión dalgún deles pode ocasionar a desestimación da solicitude.
Admisión: será por rigorosa orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas convocadas para o intercambio. Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. Unha vez finalizado o prazo de inscrición, de non recibir comunicación nos tres días seguintes, entenderase que non obtivo praza.
De producirse baixas despois de adxudicarse as prazas, ofertaránselle aos/as solicitantes da lista de agarda, tendo que presentar o billete e demais documentación nos 5 días hábiles seguintes da comunicación.
No caso de que o billete de transporte adquirido fose anulado posteriormente á súa remisión á Dirección Xeral de Xuventude, a praza para o intercambio será anulada e considerada non adxudicada.
Recibidos correctamente os documentos requiridos, aos seleccionados/as seralles facilitado, posteriormente, o nome do/a coordinador/a que acompañará ao grupo, así como o punto de encontro no lugar de realización do intercambio.
Documentación a remitir: confirmada a praza, nos 5 días hábiles seguintes, as persoas seleccionadas deberán remitir a galeuropa@xunta.gal:
1. Unha copia do/s billete/s de transporte adquirido/s para desprazarse ata a cidade do país de realización do intercambio. Non é documento válido a/s reserva/s de voo ou medio de transporte elixido.
2. Copia do Documento Nacional de Identidade.
3. Unha copia do seguro de viaxe, de accidentes e de enfermidade.
4. Unha copia do pasaporte.
A non remisión destes documentos no prazo establecido supón a perda da praza no intercambio.
INTERCAMBIO XUVENIL Á PREFECTURA DE WAKAYAMA (XAPÓN)
Título: “O Camiño Kumano Kodo irmandado co Camiño de Santiago ”.
Datas de realización do intercambio: do 1 ao 6 de setembro de 2024.
Observacións:
- Recomendación de aeroporto máis preto para chegar ao lugar de destino do país de realización do intercambio: Aeroporto de Kansai.
- O 1 de setembro, ás 14:00 horas (hora xaponesa) todos os mozos e mozas participantes deberán estar no punto de encontro sinalado no aeroporto de Kansai - Wakayama.
- É obrigatorio participar no intercambio a totalidade dos días, é dicir, ata o 6 de setembro.
- A prefectura de Wakayama non pode garantir que se respecten as dietas e necesidades alimentarias especiais das persoas participantes.
Cobertura do intercambio:
- Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple.
- Trasporte no ámbito do intercambio.
- Actividades organizadas pola entidade de acollida.
Será a cargo das persoas participantes:
- Os gastos de desprazamento ata o lugar de aloxamento do intercambio en Xapón.
- Os gastos do seguro de viaxe, de accidente e de enfermidade.
Actividades provisionais previstas: percorrido por un tramo do Camiño Kumano Kodo, visita a lugares tradicionais da cultura xaponesa, encontros con mozos e mozas xaponeses, audiencia con autoridades.
Reunión previa á saída: Os /as mozos/as seleccionados/as serán convocados a unha reunión preparatoria do intercambio previa ao seu inicio, no día e lugar que determine a Dirección Xeral de Xuventude. A asistencia será obrigatoria, agás causa de forza maior debidamente xustificada.
A data de realización desta reunión será comunicada por correo electrónico con antelación suficiente.
FORMULARIO DE INSCRICIÓN (Inscrición pechada. Prazas esgotadas)
MÁIS INFORMACIÓN:
981545702
galeuropa@xunta.gal