Ir o contido principal
castelao

Premio Castelao de banda deseñada, Deputación da Coruña

Tendo en conta a significación do colectivo que traballa na creación en banda deseñada en Galicia, que é considerado o máis importante do panorama estatal, a Deputación da Coruña, sensible á significación que está a ter este sector da cultura galega, convoca o Premio “Castelao” de banda deseñada do ano 2026.

Poderán participar todas aquelas persoas maiores de idade, que non obtivesen o premio nos cinco anos anteriores a este, e que presenten obras inéditas e non premiadas con anterioridade en ningún outro premio ou certame.

O prazo de solicitude iniciarase o día 10 de febreiro de 2026, e finalizará o día 10 de abril de 2026.

Para máis información consulta o seguinte enlace: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/01/27/2026_0000000354.html:

Comments