Ir o contido principal
maruja mallo

Museos, Feminismos, Canon: Xornada Monográfica sobre Maruja Mallo

Este venres presentamos no Museo de Pontevedra novas achegas arredor de Maruja Mallo!

No marco do Seminario «Museos, feminismos, canon. Xornada monográfica sobre Maruja Mallo», este venres 30 de xaneiro reunímonos para revisar os estereotipos de xénero na historia da arte e repensar o lugar das mulleres no canon artístico.

Contaremos coas conferencias de Estrella de Diego, investigadora de referencia en teoría de xénero e estudos culturais, e Patricia Molins, comisaria e membro do Departamento de Exposicións do Museo Reina Sofía, ambas cunha ampla traxectoria de estudo sobre a obra de Maruja Mallo.

Alumnado das universidades de Vigo e Santiago de Compostela presentará comunicacións que amplían e actualizan as lecturas sobre a artista:

Ylenia González (USC)
Jackeline Fernández, Jacobo Bugarín, Antonio Doñate, África Martínez e Sofía Nieto (UVigo).

🔓 Acceso libre
📩 Inscrición previa para certificado: reservas.museo@depo.gal

Comments