Ir o contido principal
artemural

Enreda_Delas

A arte urbana volve á Cidade da Cutura con #EnredaDelas, un encontro dirixido a mulleres profesionais do sector para compartir recursos, coñecementos e experiencias.

Organizado por 7H Cooperativa Cultural, o evento diríxese tanto a artistas como xestoras culturais, fotógrafas, educadoras, investigadoras... e contará co acompañamento de Marina Bortoluzzi, comisaria e fundadora de Women on Walls; Lara Seixo, directora de Mistaker Maker e Anna Dimitrova, directora de Adda Gallery e Montana Gallery Barcelona.

🟣 Ademais, as artistas inscritas poderán optar a completar a pancarta do «Mural colectivo para a igualdade | Do 25N ao 8M» situado no Museo Centro Gaiás.

Queres participar? Tes toda a info en cidadedacultura.gal
📆 20 e o 21 de febreiro na Cidade da Cultura
✍🏽 Inscricións ata o 8 de febreiro desde o perfil de @7hcoop
* Seleccionaranse 20 de entre todas as candidaturas recibidas

#EnredaDelas conta coa colaboración @culturaxunta. A actividade encádrase en Cartografías da Arte Urbana, proxecto que conta co apoio da liña de axudas de Acción Cultural de @culturagob

Comments