
Guía Ti elixes!
Con motivo da realización da edición 2025 das Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2025) organizadas polo Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, publícase a edición 2025 da Guía Ti Elixes!, que ten como finalidade servir de apoio ao obxectivo destas xornadas e informar e asesorar ao alumnado de educación secundaria sobre a oferta de estudos universitarios, formación profesional, idiomas e outros estudos.
Esta publicación está enmarcada nas II Xornadas de orientación artística e profesional 2025, organizadas polo Concello da Coruña en colaboración os centros públicos de Formación Profesional da cidade e a EASD Pablo Picasso, que se celebrará os días 17, 18 ,19 e 24 de febreiro de 2025, dirixida ao alumnado de ESO e bacharelato.
A recompilación da información foi realizada pola Rede Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña, que pon a disposición da mocidade unha asesoría educativo-profesional onde se pode obter información e asesoramento neste eido, e consultar as dúbidas e cuestións de interese para a comunidade educativa, como poden ser a oferta de estudos, bolsas, residencias universitarias, etc.
Podes obter máis información nos Espazos de Información Xuvenil do Concello da Coruña
Teléfono: 981 189 888 (ext. 34324/ 34325), 981 184 294 e 981 189 895
WhatsApp: 606 362 366
Email: cmix@coruna.gal
https://twitter.com/MocidadeCoruna
https://www.facebook.com/mocidadecoruna/
Comments