Ir o contido principal
antroido

Concurso de cimparsas de Entroido 2026 no Concello de Cabana de Bergantiños

Co obxecto de promover unha das festas tradicionais máis celebrada no noso Concello e recuperar unha das prácticas máis populares destas datas, o Concello de Cabana de Bergantiños convoca unha nova edición do Concurso de Comparsas.

Entenderase por comparsa un grupo de máscaras ou disfraces cun número mínimo de 7 persoas. No caso de comparsas nas que tódolos seus membros sexan menores de idade, deberán nomear un representante maior de idade.

Para poder participar e optar aos premios é imprescindíble cubrir a solicitude de inscrición e presentala no Rexistro do Concello, ata o día 16 de febreiro de 2026. A persoa que actúe como representante deberá acompañar fotocopia do seu DNI e certificado de conta bancaria.

Para máis información consulta a seguinte ligazón: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/02/03/2026_0000000531.html

Comments