Bolsa de axuda ó estudo no Concello de Moeche
É obxecto da presente convocatoria de axudas favorecer a escolarización pública e formación universitaria en familias con menos recursos económicos do Concello de Moeche mediante a concesión de axudas aos estudantes do termo municipal para a realización de actividades relacionadas coa formación e desprazamentos por motivo de estudos.
Para ser beneficiario/a destas axudas é preciso cumprir os requisitos especificados nas bases.
O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña a través da Base de Datos Nacional de Subvencións.
Para máis información consulta a seguinte ligazón: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/02/04/2026_0000000535.html




Comments