Desfile de disfraces ponte de Entroido no Concello de Ponteceso
O obxecto das presentes bases é a regulación do concurso de disfraces do Entroido que se celebrará o domingo 15 de febreiro, na praza do Relleno e no pavillón municipal de Ponteceso, de 17.00 a 21.30 h, aproximadamente, organizado pola departamento de Cultura do Concello do Ponteceso.
Poderán ser beneficiarias dos premios previstos nestas bases todas as persoas, así como as agrupacións de persoas físicas ou entidades constituídas para a consecución dos fins sinalados como obxecto de premio, e que cumpran os requisitos especificados nas bases.
O prazo para a presentación de solicitudes abrangue dende o día seguinte ao da publicación destas bases no BOP e rematará o 13 de febreiro ás 12.00 h.
Para máis información, consulta a seguinte ligazón: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/02/04/2026_0000000543.html




Comments