Ir o contido principal

Praza de xuíz/a de paz substituto/a en Folgoso do Courel

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anuncia a convocatoria pública para cubrir a praza de xuíz ou xuíza de paz substituto/a no Concello de Folgoso do Courel (Lugo).

Requisitos e documentación

As persoas aspirantes deberán achegar a seguinte documentación para formalizar a súa candidatura:

  • Certificado de nacemento ou fotocopia do DNI.

  • Certificación do Rexistro Central de Penados e Rebeldes (ou autorización expresa ao Tribunal para a súa consulta).

  • Declaración xurada de non estar procesado/a nin inculpado/a (segundo o art. 2.1 da Lei 68/1980).

  • Xustificación dos méritos que se aleguen.

  • Indicación da profesión actual.

Prazos

O prazo para a presentación de solicitudes é de 15 días hábiles, contados a partir da publicación do edicto no Boletín Oficial da Provincia.

Solicitudes

As solicitudes e a documentación poderán presentarse a través das seguintes vías:

  • Por correo electrónico no enderezo: secretariagoberno.tsxg@xustiza.gal

  • A través de calquera das formas sinaladas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do procedemento administrativo común (rexistros electrónicos, oficinas de correos, etc.).

Máis información

Comments