Concursos do Entroido de Cambados 2026
O Concello de Cambados convoca os concursos de carrozas, comparsas e disfraces (nas modalidades xuvenil e adulto) para o Entroido 2026, cunha dotación total de 13.700 € en premios.
Requisitos
-
Poderán participar todas as persoas físicas ou xurídicas, asociacións ou colectivos, sen máis limitacións que as impostas pola legalidade vixente e o cumprimento das bases específicas da convocatoria.
Prazos
O prazo de presentación das inscricións e documentación rematará o 13 de febreiro de 2026 ás 14:00 horas.
Solicitudes
As inscricións poderán presentarse a partir do día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no BOPPO, na forma e termos previstos na Lei Xeral de Subvencións e no procedemento administrativo común.
Máis información
-
Sede electrónica e taboleiro de anuncios: https://cambados.sedelectronica.gal
-
Base de Datos Nacional de Subvencións: Acceso á convocatoria




Comments