Desfile de disfraces de Entroido no Concello de Porto do Son
O obxecto e finalidade do presente Concurso de Entroido é o fomento e participación cidadá na celebración do mesmo así como potenciar a actividade lúdica.
O Concurso de Entroido 2026 celebrarase os días 14 e 16 de febreiro nas categorías, días e lugares que se sinalan nas bases.
Todas as solicitudes de inscrición deberán presentarse debidamente cumprimentadas dentro do prazo que se produza dende a publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (que se realizará a través da Base de Datos Nacional de Subvencións) ata o día 13 de febreiro de 2026 ata as 11.00h.
Para máis información, consulta a seguinte ligazón: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/02/06/2026_0000000627.html




Comments