Ir o contido principal

Bolsas de emprego no Concello de Sada

É obxecto destas bases, que se complementarán coas correspondentes convocatorias específicas, regular o procedemento para a realización de bolsas de emprego de interinos para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario e/ou laboral, ou calquera das situacións contempladas no art. 10 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público (TREBEP) e no artigo 15 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, así coma para substitucións por vacacións ou permisos do persoal.

Para optar ás prazas os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos na data en que remate o prazo para presentación de instancias as condicións detalladas nas bases.

O prazo sairá en próximas convocatorias.

Para máis información, consulta a seguinte ligazón: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/02/10/2026_0000000699.html

Comments