Ir o contido principal
axuda educación

Axudas en educación no Concello de Moeche

É obxecto da presente convocatoria de axudas a favorecer a escolarización pública e formación universitaria en familias con menos recursos económicos do Concello de Moeche mediante a concesión de axudas aos estudantes do termo municipal para a realización de actividades relacionadas coa formación e desprazamentos por motivo de estudos.

Alumnos que estean a cursar estudos en centros públicos de Educación Infantil e Primaria do Concello de Moeche ou estudos de ESO, Bacharelato, Formación Profesional, Universidade, ensinos superiores de música e artes escénicas e artes plásticas e deseño en calquera centro de ensinanza pública.

O alumnado cuxas necesidades educativas especiais impidan a súa escolarización nun centro ordinario do municipio poderá solicitar a axuda para asistencia a un centro de educación especial, aínda que non estea localizado no Concello.

As solicitudes presentaranse no prazo de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOP a través da Base Nacional de datos de Subvencións.

Para máis información, consulta a seguinte ligazón: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/02/12/2026_0000000773.html

Comments