XIX Mostra de teatro afeccionado no Concello de Sada
O obxecto desta convocatoria é o de promover a actividade teatral de carácter afeccionado e dar a coñecer entre a poboación sadense unha selección das montaxes escénicas contemporáneas, no eido do teatro amador. A proposta terá un formato de mostra ou festival, con varias datas nas que as compañías previamente seleccionadas representarán as súas obras.
Poderán participar compañías ou asociacións que conten cun grupo de teatro afeccionado, independentemente da súa procedencia. As compañías interesadas poderán presentar solicitude para o número de obras que desexen, sen límite de temática ou xénero.
O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles e abrirase a partir do día seguinte ao da publicación das bases reguladoras no BOP da Coruña.
Para máis información, consulta a seguinte ligazón: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/02/12/2026_0000000778.html




Comments