Ir o contido principal
festa indiana

II Concurso Cartel anunciador festas indianas no Concello de Ares

O Concello de Ares convoca un concurso para seleccionar o cartel anunciador da IX edición do ARES INDIANO, evento lúdico-cultural que se celebrará os días 21, 22 e 23 de agosto de 2026.

Este é un concurso aberto a deseñadores, artistas e creadores que residan en Galicia. Polo tanto poderán participar no mesmo cantas persoas estean interesadas, que sexan maiores de idade, podendo presentar cada unha delas un máximo de 2 deseños a concurso.

O prazo de presentación das propostas abrirá o día seguinte da súa publicación no BOP da Coruña e rematará o 15 de maio do 2026.

Para máis información, consulta a seguinte ligazón: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/02/13/2026_0000000803.html

Comments