Bolsas a deportistas individuais no Concello de Ordes
Co obxectivo de fomentar a práctica deportiva e a súa participación nas competicións oficiais dos/as deportistas do Concello de Ordes, en deportes de carácter individual, realízase a presente convocatoria de axudas.
Son para deportistas en deportes de carácter individual empadroados en Ordes. Os/as solicitantes deberán cumprir os requisitos especificados nas bases no momento da presentación da solicitude.
O prazo é de 20 días hábiles a partires do día seguinte da publicación deste extracto no BOP da provincia da Coruña.
Par máis información, consulta a seguinte ligazón: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/02/18/2026_0000000872.html




Comments