Monitor/a de Ocio e Tempo Libre (Ames)
O Concello de Ames, en colaboración da Escola de Tempo Libre Aventeira, desenvolverá un curso oficial de Monitor/a de Ocio e Tempo Libre cun total de 200 horas formativas, que se impartirán entre o 31 de xaneiro e o 26 de abril en diferentes espazos do municipio.
Datos principais da convocatoria:
-
Duración total: 200 horas
-
Modalidade:
-
160 horas presenciais
-
40 horas en liña a través de plataformas propias da escola
-
-
Período de formación: do 31 de xaneiro ao 26 de abril
-
Formación online: do 2 de febreiro ao 20 de marzo
Contidos da formación online:
-
15 horas – Módulo de organización e recursos
-
15 horas – Módulo de psicoloxía e metodoloxía
-
10 horas – Módulo de educación para a saúde
Datas da formación presencial (sábados e domingos):
-
Xaneiro: 31
-
Febreiro: 1, 7-8, 21-22, 28
-
Marzo: 1, 14-15
-
Abril: 11-12, 18-19, 25-26
Espazos de realización:
-
Pazo da Peregrina
-
Casa da Cultura de Bertamiráns
Tamén se desenvolverán actividades no exterior e nos arredores das instalacións formativas.
Obxectivo da formación:
Este curso ten como finalidade capacitar á mocidade e ás persoas interesadas para o desenvolvemento de actividades educativas e de lecer no ámbito do tempo libre, fomentando competencias organizativas, educativas e de promoción da saúde.
Información e contacto:
-
Pablo Ovalle (Pol): 722 349 493
-
Rubén Casas: 722 349 489
A organización comunicará calquera modificación que poida producirse por causas extraordinarias coa máxima antelación posible.




Comments