Monitor/a de Actividades de Tempo Libre no Concello de Mesía
A SCOLÉ Escola de Tempo Libre convoca en Mesía un curso intensivo de Monitor/a de Tempo Libre con 25 prazas e inscrición aberta ata o 20 de marzo
A formación desenvolverase entre marzo e maio de 2026 en modalidade mixta, con opcións de aloxamento e pensión completa no Albergue Xuvenil Garatuxa
Datos clave da convocatoria
-
Escola organizadora: SCOLÉ Escola de Tempo Libre
-
Curso: Monitor/a de Actividades de Tempo Libre
-
Director do curso: Aldo Dagraza Valverde
-
Lugar: Albergue Xuvenil Garatuxa (Casa de Bello), Concello de Mesía (A Coruña)
-
Enderezo: Fontorto, 13 – Boado – 15686 Mesía (A Coruña)
-
Modalidade: Intensivo (140 h presenciais) + 60 h telemáticas
-
Datas presenciais:
-
Do 27 de marzo ao 6 de abril de 2026
-
Do 8 ao 10 de maio de 2026
-
-
Formación telemática: Do 7 de abril ao 7 de maio de 2026 (70 h)
-
Horario: De 10:00 a 14:30 h e de 16:30 a 22:00 h
-
Prazas: 25
-
Prazo de inscrición: Ata o 20 de marzo de 2026
-
Inscrición: A través de formulario online
-
Prezos:
-
Con aloxamento e pensión completa: 575 €
-
Con aloxamento e pensión completa (inscrición con outra persoa): 525 €
-
Só curso: 300 €
-
Posibilidade de pago fraccionado
-
-
Requisitos:
-
Ter 18 anos cumpridos
-
Graduado en ESO, graduado escolar ou equivalente; ou técnico auxiliar en FP ou equivalente
-
O programa formativo abordará contidos clave como metodoloxía educativa, educación en valores, atención á diversidade, organización de actividades, educación para a saúde, lexislación, asociacionismo xuvenil e recursos socioculturais. A parte telemática desenvolverase mediante unha plataforma virtual que incluirá actividades colaborativas, foros de debate, contidos audiovisuais e ferramentas de avaliación continua.
Esta formación ofrece unha oportunidade para adquirir competencias profesionais no ámbito do lecer educativo, un sector cunha crecente demanda de persoal cualificado para traballar en campamentos, actividades xuvenís e programas educativos.
As persoas interesadas poden obter máis información e formalizar a súa inscrición a través da web de AVADA, no correo escoladetempolibre@avada.gal ou nas redes sociais @avada.gal.




Comments