Ir o contido principal

Bolsa de emprego de auxiliar de axuda no fogar no Concello de A Pobra do Caramiñal

O obxecto da convocatoria é a formación dunha bolsa de traballo para realizar contratacións laborais temporais para a cobertura de postos de AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR do Concello da Pobra do Caramiñal.

Toda persoa que non teña xa unha praza en propiedade nesta administración pode presentarse.

As solicitudes presentaranse a través da sede electrónica municipal https://apobra.sedelectronica.es/ ou no rexistro xeral do Concello da Pobra do Caramiñal, en horario de 9:00 a 14:00 h, no prazo de 5 días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ó día da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ó primeiro día hábil seguinte.

Para máis información, consulta a seguinte ligazón: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/02/19/2026_0000000911.html

Comments