Ir o contido principal
cultura unclusiva

Subvencións da empresa pública EMALCSA para o programa Cultura accesible e incluisiva

O obxecto desta convocatoria é apoiar economicamente ás entidades culturais na execución de proxectos de Cultura Accesible e Inclusiva na cidade da Coruña que buscan promover a participación e o acceso á cultura de todas as persoas, independentemente do seu xénero, orixe ou calquera outra condición, con especial atención ás persoas con discapacidade e en risco de exclusión social.

Son requisitos esixibles ás entidades beneficiarias, que deberán cumprirse á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes e manterse durante todo o prazo de execución da actividade subvencionada.

O prazo para solicitar as subvencións comezará ao día seguinte da publicación do presente extracto das bases da convocatoria no Boletín oficial da provincia da Coruña e permanecerá aberto durante un mes.

Para máis información, consulta a seguinte ligazón: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/02/19/2026_0000000896.html

Comments