Ir o contido principal
innovación

Premios Innova educativos no Concello de Arteixo

Axudas dirixidas aos centros de ensino públicos do termo municipal de Arteixo destinadas a cubrir os gastos de implementación e desenvolvemento dun proxecto de innovación educativa que sexan necesarios para conseguir os obxectivos concretos de coñecementos, capacidades, destrezas e habilidades definidas no proxecto de innovación.

O público obxectivo son os centros de ensino públicos de todos os niveis educativos obrigatorios e non obrigatorios, situados no termo municipal de Arteixo.

As bases reguladoras conteñen os criterios de valoración, os criterios de adxudicación e o procedemento de concesión aplicables.

O prazo é de 5 días a contar desde o día seguinte a partir da publicación da convocatoria no BOP.

Para máis información, consulta a seguinte ligazón: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/02/20/2026_0000000956.html

      Comments