Ir o contido principal

Unha praza de electricista no Concello de Coirós

É obxecto das presentes bases a contratación de 1 praza de Técnico electricista e de mantemento de instalacións, ofertada na Oferta Pública de Emprego do ano 2026 do Concello de Coirós, pertencente á plantilla de persoal laboral fixo, mediante o sistema de Concurso-Oposición.

Para formar parte nas probas de selección, será necesario reunir os requisitos establecidos nas presentes bases.

As solicitudes requirindo tomar parte no correspondentes proceso de selección, nas que os aspirantes farán constar que reúnen as condicións esixidas nas presentes bases, para a praza que se opte dirixiranse ao Sr. Alcalde-Presidente deste Concello e presentaranse no Rexistro Electrónico Xeneral deste Concello, no prazo de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado.

Para máis información consulta a seguinte ligazón: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/02/23/2026_0000000957.html

 

Comments