Ir o contido principal
camiño

Cultura no Camiño 2026

Abrimos ata o 12 DE MARZO o prazo de presentación de espectáculos para configurar a oferta-catálogo de #CulturanoCamiño 2026.

🔹As compañías escénicas e grupos musicais deberán inscribir as súas propostas a través da plataforma www.galescena.gal.

🔹Poderán rexistrarse espectáculos de teatro, danza, narración oral, circo, maxia e concertos de música de calquera modalidade, producidos e distribuídos por empresas dedicadas profesionalmente ás artes escénicas ou musicais con sede, domicilio social ou establecemento permanente en Galicia.

👉 A 14ª edición deste circuíto escénico e musical aberto aos concellos polos que discorren as rutas xacobeas en Galicia desenvolverase do 15 de xuño ao 31 de agosto, segundo as bases publicadas o pasado 10 de febreiro no DOG:

🔗 https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260210/AnuncioG1097-111225-…

Comments