Ir o contido principal

O Concello do Irixo convoca unha bolsa de emprego para cubrir unha praza de axente de Emprego e Desenvolvemento Local

O Concello do O Irixo aprobou por Resolución da Alcaldía, con data do 19 de febreiro de 2026, as bases que rexerán a creación dunha bolsa de emprego para a cobertura do posto de axente de Emprego e Desenvolvemento Local.

A convocatoria ten como finalidade a contratación en réxime laboral temporal por substitución da persoa que actualmente desempeña estas funcións.

Datos principais da convocatoria

  • Número de prazas: 1

  • Denominación do posto: Axente de Emprego e Desenvolvemento Local

  • Modalidade de contratación: Contrato laboral temporal por substitución

  • Xornada: Completa

  • Sistema de selección: Oposición

  • Duración do contrato: Ata a reincorporación da persoa titular do posto

Presentación de solicitudes

O prazo de presentación será de cinco días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no BOP.

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello do O Irixo, situado na Praza Manuel Penedo, nº 10, 32530 O Irixo (Ourense), en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Tamén poderán presentarse por calquera dos medios establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Neste caso, será necesario notificalo mediante correo electrónico ao enderezo info@irixo.gal.

Publicación das bases

O texto íntegro das bases está dispoñible no taboleiro de anuncios do Concello e na súa sede electrónica. Os sucesivos anuncios relacionados coa convocatoria publicaranse na sede electrónica municipal e no taboleiro de anuncios.

Comments