Ir o contido principal
monitor

Ribeira acolle un novo curso de monitor/a de tempo libre da Escola Illas Atlánticas entre febreiro e maio de 2026

A Escola de Tempo Libre Illas Atlánticas organiza unha nova edición do curso oficial de monitor/a de tempo libre no municipio de Ribeira, que se desenvolverá do 28 de febreiro ao 16 de maio de 2026, cun máximo de 25 prazas.

📍 Lugar de realización

A formación celebrarase nas instalacións da Casa da Xuventude do Concello de Ribeira (Avda. da Constitución s/n, 15960 Ribeira), así como en distintos espazos públicos do municipio.

As instalacións contan con:

  • Aula principal de 60 m² equipada con mesas, cadeiras, ordenador para a docencia, equipo de música, canón proxector e pizarra.

  • Dúas aulas adicionais para obradoiros e dinámicas grupais.

  • Material de xogo para actividades de animación.

  • Proximidade a centro educativo, pistas deportivas, praias, parques e prazas, onde se realizarán actividades prácticas e grandes xogos.

O primeiro día entregarase ao alumnado unha carpeta coa programación, normas, criterios de avaliación e información relevante. Ao finalizar a parte teórica facilitarase en formato dixital o material didáctico e bibliografía de interese.

🗓 Datas e horarios

  • Datas: do 28 de febreiro ao 16 de maio de 2026.

  • Horario: de 09:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas.

Sesións presenciais:

  • Febreiro: 28

  • Marzo: 7, 14, 21 e 28

  • Abril: 11, 18 e 25

  • Maio: 2, 9 e 16

💻 Formación mixta

O curso desenvolverase en modalidade mixta, combinando formación presencial e online, en aplicación da Instrución do 1 de xuño de 2020 que permite compatibilizar ambas modalidades.

📌 Partes impartidas a distancia:

  • 1ª Parte (45 horas):

    • Área de psicosocioloxía.

    • Área de educación e tempo libre: metodoloxía educativa.

  • 4ª Parte (20 horas): excepto socorrismo e primeiros auxilios.

  • 5ª Parte (25 horas): área de organización e recursos.

🎓 Metodoloxía

  • Vídeo chamadas grupais obrigatorias en horario de mañá e/ou tarde.

  • Traballos e tarefas a través da aula virtual.

  • Necesario dispositivo con conexión a internet, cámara e micrófono.

👥 Participantes

O curso contará cun máximo de 25 alumnos/as.

Comments