Ir o contido principal

Listaxe de emprego para operario de augas no Valadouro

O Concello do Valadouro abre a convocatoria para crear unha bolsa de emprego de operarios/as de servizo de augas para cubrir necesidades temporais como funcionarios interinos.

Requisitos

  • Ter a nacionalidade española ou dun Estado membro da UE.

  • Ter cumpridos os 16 anos.

  • Estar en posesión do permiso de conducir clase B.

  • Acreditar o nivel Celga 2 de galego (ou realizar unha proba específica).

  • Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desempeño das funcións.

Prazos

  • O prazo de presentación de solicitudes é de 3 días hábiles, contados dende o día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

Solicitudes

  • As instancias presentaranse no Rexistro Xeral do Concello do Valadouro ou a través dos medios previstos na Lei 39/2015.

  • No caso de presentación fóra do rexistro municipal, debe comunicase por fax ao número 982 574 303 dentro do mesmo prazo.

  • Debe acompañarse de copia do DNI, carné de conducir, méritos alegados e acreditación de galego.

Máis información

Comments