Ir o contido principal

Selección de 2 xardineiros/as e bolsa de emprego en Vilalba

O Concello de Vilalba abre o proceso de selección para a contratación laboral temporal de dous xardineiros/as por un período de 6 meses a xornada completa, incluíndo a creación dunha bolsa de traballo.

Requisitos

  • Posuír a titulación de graduado en ESO ou equivalente.

  • Estar en situación de desemprego ou mellora de emprego.

  • Ter nacionalidade española ou de calquera estado membro da UE.

  • Ter cumpridos os 16 anos e capacidade funcional para o posto.

  • Acreditar o nivel Celga 3 de galego (ou realizar unha proba específica).

Prazos

  • O prazo de presentación de solicitudes é de 5 días hábiles, contados dende o día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

Solicitudes:

  • As instancias presentaranse segundo o modelo oficial (Anexo I) no Rexistro Xeral Electrónico do Concello de Vilalba ou polas vías da Lei 39/2015.

  • Debe acompañarse de copia do DNI, titulación esixida, informe de vida laboral e títulos de formación complementaria.

Máis información

Comments