Comisión voluntaria de servizos dun posto de traballo na Deputación da Coruña
Bases para a provisión de posto de traballo mediante comisión de servizos de un posto de Xefatura de Servizo.
Poderá participar na convocatoria o persoal funcionario de carreira de calquera Administración Pública da Escala de Administración xeral ou especial, que reúna os requisitos para acceder ao posto de traballo convocado no Anexo I, segundo as características establecidas nas presentes bases.
As solicitudes e documentación que se presenten para tomar parte neste concurso dirixiranse ao Ilmo. Sr. Presidente da Deputación e presentaranse no prazo de 15 días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no «Boletín Oficial da Provincia» a través da sede electrónica da Deputación Provincial da Coruña.
Para máis información, consulta o seguinte enlace: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/02/25/2026_0000001134.html




Comments