Ir o contido principal

Un técnico de igualdade de xénero no Concello de Touro

O obxecto da presente convocatoria é a regulación da contratación dun/ha Técnico/a de Igualdade de Xénero xornada completa que se encargará principalmente da implantación do Plan de Igualdade de Oportunidades do Concello de Touro.

Serán requisitos mínimos dos aspirantes ao proceso selectivo os especificados nas bases.

O prazo de presentación de instancias será de dez días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Para máis información, consulta a seguinte ligazón: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/02/25/2026_0000001068.html

Comments