A Deputación de Lugo convoca tres prazas de auxiliar de sala na Rede Museística Provincial
A Deputación Provincial de Lugo aprobou na sesión ordinaria da súa Xunta de Goberno do 20 de febreiro de 2026 a convocatoria e as bases específicas para o ingreso como persoal funcionario/a de carreira en tres (3) prazas de auxiliar de sala, incluídas nas Ofertas de Emprego Público (OEP) dos anos 2023 e 2024.
O acordo foi publicado no Boletín Oficial da Provincia (BOP Lugo nº 46, do 26 de febreiro de 2026) e contempla:
-
1 praza pola cota xeral (OEP 2023)
-
2 prazas pola cota de reserva para persoas con discapacidade (OEP 2023 e 2024)
As prazas están encadradas na escala de Administración Especial, subescala de Servizos Especiais, clase Cometidos Especiais, grupo C, subgrupo C2, e proveeranse polo sistema de concurso-oposición libre.
Requisitos de participación
As persoas aspirantes deberán cumprir os requisitos establecidos na normativa vixente e contar con:
-
Titulación de Graduado/a en ESO, Graduado Escolar, FP I ou equivalente.
-
Acreditación do CELGA 4.
No caso das prazas reservadas, será preciso ter recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, conforme á lexislación estatal.
Sistema selectivo
O proceso desenvolverase en dúas fases:
🔹 Fase de oposición (máximo 50 puntos)
Constará de catro exercicios obrigatorios e eliminatorios:
-
Proba sobre materias comúns (tema escrito ou test).
-
Desenvolvemento dun tema de materias específicas.
-
Suposto práctico relacionado coas funcións do posto.
-
Proba de galego (exentos/as quen acrediten o CELGA 4).
🔹 Fase de concurso (máximo 30 puntos)
Valorarase:
-
Experiencia profesional (ata 16 puntos).
-
Formación académica e complementaria (ata 14 puntos).
-
Coñecementos superiores de galego e outros idiomas oficiais.
Funcións do posto
As persoas seleccionadas desenvolverán tarefas de vixilancia, atención ao público, mediación cultural e apoio ás actividades didácticas nos centros da Rede Museística Provincial, integrada polo:
-
Rede Museística Provincial de Lugo
-
Museo Provincial de Lugo
-
Museo Pazo de Tor
-
Museo Provincial do Mar
-
Museo Fortaleza San Paio de Narla
O programa inclúe contidos sobre museoloxía, conservación preventiva, atención á cidadanía, accesibilidade, mediación cultural e coñecemento das coleccións e edificios históricos.
Presentación de solicitudes
A convocatoria publicarase integramente no BOP e remitirase extracto ao Diario Oficial de Galicia (DOG) e ao Boletín Oficial del Estado (BOE).
O prazo de presentación de solicitudes iniciarase a partir do día seguinte á publicación no BOE.
Contra o acordo poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ou recurso contencioso-administrativo nos prazos legalmente establecidos.




Comments