Ir o contido principal
poesia

VI Premio de Poesía Bouza Brey

O Concello de Vilagarcía de Arousa convoca este certame bienal para promover a creación literaria en lingua galega e homenaxear ao intelectual Fermín Bouza Brey.

Requisitos

  • Persoas destinatarias: Maiores de idade.

  • Obras: Textos poéticos en lingua galega (segundo a normativa RAG-ILG), orixinais, inéditos e de temática libre.

  • Extensión: Mínimo recomendado de 300 versos (Times New Roman, 12 pt).

  • Premio: 5.000 € e a publicación da obra na colección Dombate da Editorial Galaxia.

Prazos

  • O prazo de admisión de orixinais remata o 31 de maio de 2026.

  • A resolución do xurado farase pública na primeira semana de decembro de 2026.

Solicitudes

Os traballos presentaranse baixo pseudónimo, nun sobre único que conteña: un exemplar en papel, un lapis de memoria (PDF) e a plica pechada cos datos do autor/a. O envío realizarase por correo postal ou mensaxería ao:

Auditorio Municipal (Concellería de Cultura) Praza da II República, s/n 36600 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Máis información

Comments