O Concello de Barreiros abre a convocatoria para a bolsa de emprego de capataz de incendios e encargado do punto limpo
O Concello de Barreiros vén de anunciar a apertura da convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego destinada ao posto de capataz de incendios e encargado do punto limpo, como persoal laboral temporal para o ano 2025.
A convocatoria foi aprobada por acordo da Xunta de Goberno Local o pasado 6 de febreiro de 2026, establecendo as bases que rexerán o proceso selectivo.
📌 Prazo de presentación de solicitudes
As persoas interesadas dispoñen de dez días hábiles para presentar as súas instancias, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. Non se computarán sábados, domingos nin festivos.
O horario de presentación será de 9:30 a 14:30 horas, no:
-
Rexistro Xeral do Concello de Barreiros
Rúa Vila, 63
27790 San Cosme de Barreiros
Tamén poderán presentarse:
-
A través da sede electrónica municipal (barreiros.sedelectronica.es).
-
Pola vía establecida no artigo 16.4 da Lei 39/2015, conforme ao indicado nas bases.
📄 Publicación das bases
As bases reguladoras da bolsa están dispoñibles:
-
Na páxina web municipal (www.concellodebarreiros.gal).
-
No Taboleiro de Anuncios do Concello (físico e na sede electrónica).




Comments