Ir o contido principal

O Concello de Taboada convoca prazas de monitor deportivo e peóns de obras ao abeiro do Plan Deputación 2025

O Concello de Taboada vén de aprobar, mediante Resolución de Alcaldía de data 23 de febreiro de 2026, as bases e convocatorias para a contratación de persoal no marco do Plan Deputación Programa Reforzo do Emprego 2025, segundo anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP Lugo, núm. 046, xoves 26 de febreiro de 2026).

📌 1 praza de Monitor/a de Deportes

  • Programa: Plan Deputación Programa Reforzo do Emprego 2025

  • Duración: 6 meses

  • Xornada: Completa

  • Salario bruto mensual: 1.424,50 € (incluído o rateo das pagas extra)

  • Funcións: As establecidas nas bases da convocatoria

  • Prazo de solicitude: 3 días hábiles a partir da publicación do anuncio no BOP de Lugo

As bases están dispoñibles:

📌 2 prazas de Peón de Obras (concurso-oposición)

O Concello tamén convoca dúas prazas de peón de obras mediante o sistema de concurso-oposición, así como a creación dunha bolsa de reserva cos mesmos períodos de vixencia.

  • Número de prazas: 2

    • 1 praza de 3 meses

    • 1 praza de 2 meses

  • Xornada: Completa

  • Salario bruto mensual: 1.424,50 € (incluído o rateo das pagas extra)

  • Funcións: Propias de peón de obras segundo as bases

  • Prazo de solicitude: 3 días hábiles desde a publicación no BOP de Lugo

As bases poden consultarse:

  • Na sede electrónica municipal

  • Nas oficinas xerais do Concello

  • No taboleiro de anuncios

Comments