Ir o contido principal

A Veiga convoca un proceso selectivo para contratar persoal técnico de inclusión sociolaboral ata 2027

O Concello da A Veiga vén de convocar un proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun posto de persoal técnico de inclusión sociolaboral e transición ao emprego, no marco dun programa financiado polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+).

A convocatoria foi aprobada mediante Resolución da Alcaldía, de data 2 de decembro de 2025, e rexerase polo sistema de concurso de méritos.

Datos da convocatoria

  • Postos ofertados: 1 posto de persoal técnico de inclusión sociolaboral e transición ao emprego.

  • Modalidade de contratación: laboral temporal, vinculada á execución do Programa de persoas sen fogar IIB – Inclusión sociolaboral e transición ao emprego, financiado polo FSE+.

  • Xornada: completa.

  • Duración: ata a finalización da actuación subvencionada (30 de abril de 2027).

  • Sistema de selección: concurso de méritos.

O posto está adscrito á execución da actuación “Persoas sen fogar – Inclusión sociolaboral e transición ao emprego: Programa dirixido a persoas sen fogar IIB”, subvencionada no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.

Presentación de solicitudes

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Electrónico Xeral do Concello (https://aveiga.sedelectronica.gal/), no Rexistro Municipal (Praza do Concello, nº 1, 32360 A Veiga) ou en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O prazo de presentación será de dez días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

No caso de non presentarse no Rexistro Municipal, as persoas aspirantes deberán remitir o mesmo día da presentación unha copia da solicitude rexistrada mediante fax (988 35 00 60) ou ao correo electrónico: servizo.social.aveiga@eidolocal.es.

As bases completas e o anuncio da convocatoria publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello, na páxina web municipal e na sede electrónica.

Comments