Unha praza de bibliotecario no Concello de Oleiros
O obxecto desta convocatoria é cubrir, con persoal funcionario interino, unha praza de coordinador/a de bibliotecas, pertencente á escala de administración especial, subescala técnica, clase técnica superior, subgrupo A1.
Todos os requisitos esixidos para participar nas probas selectivas deberán cumprirse antes do remate do prazo de admisión das solicitudes.
O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
Para máis información, consulta a seguinte ligazón: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/02/26/2026_0000001103.html




Comments