Ir o contido principal

O Incio convoca unha praza de Auxiliar Administrativo/a

O Concello do O Incio aprobou mediante Decreto de Alcaldía, con data 23 de febreiro de 2026, as bases xerais que rexerán o procedemento para a selección dun/ha Auxiliar Administrativo/a como persoal laboral temporal.

A contratación realizarase a xornada completa (100 %) e terá unha duración de seis meses, ao abeiro do programa da Deputación Provincial de Lugo “Reforzo do Emprego”, incluído no Plan Deputación 2026.

📌 Características da praza

  • Posto: Auxiliar Administrativo/a

  • Tipo de contrato: Persoal laboral temporal

  • Duración: 6 meses

  • Xornada: Completa (100 %)

  • Programa: “Reforzo do Emprego” – Plan Deputación 2026

🗓️ Prazo e presentación de solicitudes

Segundo o disposto na base quinta (5ª), as instancias dirixidas ao Sr. Alcalde presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, en horario de oficina de 09:00 a 14:00 horas, durante o prazo de cinco (5) días hábiles, que comezarán a computarse a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

As solicitudes tamén poderán presentarse:

  • No Rexistro Electrónico Xeral do Concello do Incio (https://concellooincio.sedelectronica.gal/)

  • A través das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas

📄 Publicación das bases

As bases íntegras estarán dispoñibles:

  • Na sede electrónica municipal (taboleiro de anuncios)

  • No taboleiro de anuncios físico do Concello

  • Nas oficinas municipais en horario de atención ao público

Comments