Programa Fogar Vivo 2026: axudas para o aluguer de vivendas baleiras
O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) convoca axudas para incentivar a posta no mercado de aluguer de vivendas privadas baleiras a prezos accesibles, financiando obras de mellora e seguros.
Requisitos
-
Vivendas: situadas en Galicia, de titularidade privada, sen protección pública e con condicións de habitabilidade.
-
Estado: non estar alugadas nos 3 meses anteriores á solicitude (con excepcións para contratos recentes de menos de 15 días).
-
Compromiso: vincular a vivenda ao programa durante 5 anos (persoas físicas) ou 7 anos (persoas xurídicas).
-
Rendas: o prezo do aluguer non pode superar os límites establecidos por zonas (desde 450 € ata 700 € mensuais).
-
Perfil para axuda vinculada: arrendatarios menores de 36 anos, con fillos menores ou persoas con discapacidade a cargo.
Prazos
-
Presentación de solicitudes: desde o 5 de marzo ata o 3 de xuño de 2026, ou ata esgotar o crédito.
-
Execución de obras: actuacións iniciadas con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2026.
Solicitudes
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) mediante os seguintes códigos de procedemento:
-
VI426F: para axudas de adecuación e reparación.
-
VI426H: para seguros de impago/multirrisco e axudas vinculadas.
Máis información
-
Contías: ata 16.000 € por vivenda (incluíndo ata 11.000 € en obras, 3.000 € en seguros e 2.000 € de axuda vinculada).
-
Web IGVS: igvs.xunta.gal.
-
Bases completas: DOG nº 42 do 03/03/2026.




Comments