Ir o contido principal

Un xuíz de paz sustituto no Concello de Rois

Correspóndelle ao Pleno do Concello de Rois elixir a persoa para ser nomeada Xuíz ou Xuíza de Paz substituto deste Concello, de conformidade co disposto nos artigos 99 e seguintes da Lei orgánica 6/1985, de 1 de xullo do Poder Xudicial.

Os requisitos dos aspirantes aparecen nas bases.

Ábrese o prazo de vinte días soltos a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia para que as persoas que estean interesadas, e reúnan as condicións legais, llo soliciten por escrito a esta Alcaldía.

Para máis información, consulta a seguinte ligazón: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/02/27/2026_0000001144.html

Comments