Ir o contido principal

Meira convoca un proceso selectivo para contratar catro peóns de servizos múltiples durante seis meses

A Xunta de Goberno Local do Concello de Meira aprobou na súa sesión ordinaria do pasado 23 de febreiro as bases do proceso selectivo para a contratación de catro peóns de servizos múltiples.

A convocatoria enmárcase no programa municipal de fomento do emprego e permitirá a contratación de catro persoas en réxime de laboral temporal por un período de seis meses.

Segundo se recolle na Base 5ª que rexe o procedemento selectivo, o proceso faise público mediante anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP) e coa publicación íntegra das bases no Taboleiro de Anuncios e na Sede Electrónica municipal.

As persoas aspirantes que desexen participar deberán presentar a súa solicitude nun prazo de dez (10) días hábiles contados a partir da publicación oficial da convocatoria.

Comments