O Concello de Friol convoca unha praza de peón de obras e servizos (Plan Deputación 2025)
O Concello de Friol abre o proceso de selección para a contratación laboral temporal de un/unha peón de obras e servizos múltiples. A convocatoria enmárcase dentro do Plan de Cooperación cos Concellos da Deputación de Lugo.
Detalles do posto:
-
Posto: Peón de obras e servizos de usos múltiples.
-
Duración: 6 meses a xornada completa.
-
Sistema de selección: Concurso-oposición (exame tipo test + suposto práctico + valoración de méritos).
-
Obxectivo: Crear tamén unha bolsa de emprego para futuras substitucións.
Requisitos principais:
-
Titulación: Certificado de Escolaridade, Estudos Primarios ou equivalente.
-
Carné de conducir: Tipo B.
-
Idioma: Coñecemento de lingua galega nivel Celga 2 (ou superación de proba).
-
Situación laboral: Estar inscrito/a como demandante de emprego ou en situación de mellora de emprego.
Prazo e solicitudes:
-
Prazo: 5 días hábiles (contados a partir do 6 de marzo de 2026).
-
Lugar: Rexistro xeral do Concello de Friol ou a través da súa sede electrónica.
Publicación oficial:
-
Publicado no BOP de Lugo núm. 52 (05/03/2026).




Comments