Lista de agarda auxiliar administrativo no Concello de Curtis
O obxecto desta convocatoria é a formación dunha listaxe de contratación de funcionario/a interino/a, para o posto de auxiliar administrativo. (Grupo C, Subgrupo C2, Escala Administración Xeral, Subescala Auxiliar) mediante o sistema de oposición libre.
Os requisitos dos aspirantes pódense consujltar en detalle ó final desta noticia.
As instancias, xunto co resto da documentación mínima que os aspirantes deben presentar solicitando participar no proceso selectivo presentarase no modelo ANEXO II, dirixiranse ao alcalde da corporación, e se presentaran no Rexistro Xeral do Concello, no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. As bases serán expostas no taboleiro municipal e serán publicadas na páxina web do Concello e na sede electrónica.
Para máis información, consulta os requisitos específicos e outros detalles aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/03/06/2026_0000001282.html




Comments