Ir o contido principal

Selección dun técnico/a ou informador/a de turismo en Lourenzá

O Concello de Lourenzá convoca o proceso de selección para a contratación laboral temporal dun técnico/a ou informador/a de turismo a través do sistema de concurso-oposición.

Requisitos

  • Posuír a nacionalidade española ou dalgún Estado membro da UE (ou cumprir os supostos do art. 57 do EBEP).

  • Ter feitos os 16 anos e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.

  • Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas.

  • Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera Administración Pública.

  • Estar en posesión da titulación requirida nas bases específicas da convocatoria.

Prazos

O prazo para a presentación de solicitudes será de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Lugo.

Solicitudes

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Lourenzá ou a través de calquera das formas previstas na Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común.

Máis información

Comments