Ir o contido principal

O Concello de Negueira de Muñiz contratará 4 peóns de servizos múltiples por 6 meses ao abeiro do programa "Reforzo do Emprego 2025"

O Concello de Negueira de Muñiz aprobou as bases xerais que rexerán o procedemento "Reforzo do Emprego 2025", polo cal se contratará a 4 peóns de servizos múltiples por un período de 6 meses.

O prazo de presentación de solicitudes será de 5 días hábiles a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

As bases da convocatoria estarán dispoñibles na páxina web municipal (www.concellodenegueira.es) e no taboleiro de anuncios da Casa Consistorial.

Comments